Seleccionar página

Presentación

XESTIÓN SOCIAL é unha consultora especializada en entidades sen ánimo de lucro que ofrece solucións profesionais, prácticas e asequibles a Asociacións e Fundacións. 

Ofrecemos un servizo de xestión integral no ámbito xurídico, laboral, contable, fiscal e de captación de fondos, adaptándonos á particular natureza non lucrativa do terceiro sector, o que permite un grao de eficiencia superior ao da xestoría clásica, máis orientada cara a problemática empresarial. 

As Asociacións e Fundacións enfróntanse cada día a importantes cargas administrativas e burocráticas, polo que precisan unha administración especializada que optimice o desenvolvemento das súas actividades, evitando a sobrecarga dos seus directivos. 

XESTIÓN SOCIAL traballa desde fai case 20 anos para facer a vida máis doada aos responsables de Asociacións e Fundacións, mediante un equipo de profesionais con ampla experiencia no sector.

Servizos

Xestión contable

As Asociacións e Fundacións teñen importantes obrigas contables, como a de utilizar a contabilidade de dobre partida conforme ao Plan Xeral de Contabilidade adaptado ás entidades sen fins lucrativos.

Ademais, as Administracións Públicas incrementaron o control sobre este tipo de obrigas, pois veñen esixindo as entidades a presentación de documentos contables oficiais na xustificación de subvencións, e a falta do seu cumprimento pode provocar o reintegro das axudas.

Xestión Social ofrece un servizo contable adaptado ao plan específico do terceiro sector, dispoñendo de programas informáticos específicos que recollen principios e modelos adaptados a este tipo de entidades.

Encargámonos do rexistro de asentos contables e listados oficiais, contabilidade analítica (por actividades e proxectos), liquidación do orzamento, elaboración de contas anuais (balance, contas de resultados, memoria económica).

Xestión fiscal

A normativa tributaria regula diferentes obrigas para as entidades sen ánimo de lucro, contemplando notables diferenzas con respecto a outro tipo de organizacións (S.A., S.L.) polo que o seu coñecemento específico resulta imprescindible para un correcto cumprimento das esixencias fiscais. 

A nosa experiencia de anos xestionando asociacións e fundacións indícanos que, en ocasións (como pode acontecer IVE ou o IS e a delimitación entre as actividades exentas e non exentas), existen marxes significativos para a interpretación das normas que esixen dun coñecemento práctico do funcionamento do sistema impositivo e que requiren de especialistas no ámbito das entidades sen ánimo de lucro. 

Asesoramos en materia fiscal (Imposto de Sociedades, IVE, Retencións IRPF, Memoria Facenda, Declaración de Doazóns, etc.), e realizamos cantos trámites son precisos na AEAT.

Xestión laboral

Un dos principais ámbitos de preocupación das asociacións e fundacións é a xestión do seu persoal, tanto profesional coma voluntario. Os servizos profesionais que presta Xestión Social garanten o cumprimento das obrigas normativas no ámbito Laboral, así como a xestión e administración dos recursos humanos, incluído o asesoramento do voluntariado.

 En materia laboral, tramitamos contratos de traballo, altas, baixas y variacións dos traballadores, confeccionamos nóminas e recibos de cotización, ou certificados (IRPF, desemprego, etc.). 

En canto ao voluntariado, xestionamos a colaboración cos voluntarios no que aos dereitos e obrigas destes se refire (seguros, libros rexistro, contratos, etc.).

Captación de fondos

A busca de recursos públicos ou privados é unha área fundamental de calquera entidade sen ánimo de lucro que lle permite materializar os seus fins sociais a través da realización efectiva de actividades. 

En Xestión Social temos unha ampla experiencia asesorando a asociacións e fundacións na busca, obtención e xustificación de axudas públicas e privadas, implicándonos cos nosos clientes no deseño de mecanismos para fortalecer o seu financiamento, mediante campañas de captación de socios, de patrocinio e mecenado e de proxectos de microfinanciamento de actividades. Pensamos na túa entidade e axudámoste a facela viable. 

Analizamos a normativa e lexislación aplicable, comunicamos convocatorias, asesoramos na tramitación e seguimento e xustificación.

Xestión xurídica

A existencia de normativa específica aplicable ás entidades non lucrativas precisa de respostas concretas e prácticas ante os problemas e dúbidas xurídicas que xorden nas asociacións e fundacións, sendo esencial contar cun asesoramento e apoio legal profesional. Resolvemos cuestión sobre a lexislación aplicable en materia asociativa, constitución e modificación de entidades, funcionamento e documentación da asociación, trámites ante as diferentes administracións públicas.

Formación

Xestión Social ven avalada por unha dilatada experiencia en servizos formativos, solicitados tanto dende o ámbito público (por parte da Xunta de Galicia e de numerosos concellos) coma dende as propias entidades privadas, de aí que as nosas actividades formativas estean orientadas tanto á impartición de cursos colectivos (presenciais e online) como de accións deseñadas á medida para entidades privadas.

Os cursos realizados por Xestión Social versan sobre aquelas materias que atinxen á administración integral das entidades sen ánimo de lucro.

Contacta con Nos

Por favor, lea e acepte as condicións legais

Responsable NURIA PALMERO SANDE
Finalidade Atender a súa solicitude de contacto
Lexitimización Ao remitirnos a súa consulta consideramos que estamos lexitimados para tratar os seus datos.
Destinatarios Os datos de contacto non serán cedidos a terceiros
Dereitos Pode opoñerse ao tratamento dos seus datos e exercitar o resto de dereitos consultando a información adicional
Información adicional Para máis información, consulte o noso AVISO LEGAL

Oficina

Pza. Pascual Veiga
nº 6 entreplanta B
Santiago de Compostela

Horario

Luns a xoves
9.00 a 14.00 e 16.00 a 19.00 hs.
Venres
9.00 a 14.00 hs.

Chámanos

981935271