Tarifas

Os servizos ofrecidos por Xestión Social poden ser empregados por cada cliente de forma independente, conxunta ou combinada, en función das necesidades específicas de cada organización.

Solicítanos orzamento sen ningún tipo de compromiso a través do noso correo electrónico ou chamándonos por teléfono. Un dos nosos técnicos atenderache coa maior dilixencia posible, desprazándose á sede da túa entidade para explicarche de modo pormenorizado tanto os servizos prestados pola consultora como as súas tarifas.

Non dubides á hora de consultarnos!

Levamos dez anos xestionando asociacións e fundacións polo que somos conscientes da capacidade financeira de moitas entidades e fixemos da xestión das pequenas asociacións que, malia a súa reducida dimensión, están obrigadas a cumprir coas obrigas contables, fiscais e laborais que lles impón a lei, a nosa especialidade.