Sevizos

Xestión contable:

As entidades sen ánimo de lucro teñen importantes obrigas contables, que non sempre son atendidas con dilixencia.
A inmensa maioría das entidades (fundacións, asociacións de utilidade pública e calquera tipo de asociación que realice algunha actividade de carácter económico) están obrigadas a utilizar a contabilidade de dobre partida conforme á adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás entidades sen fins lucrativos ou ao Réxime Simplificado de Contabilidade se cumpren cos seus requisitos.
Ademais as entidades teñen, nalgúns casos, que cumprir con outras obrigas suplementarias como a presentación de balances, contas de resultados e memoria económica. As reformas lexislativas da última década insistiron, para o conxunto das asociacións, na necesidade de levar unha contabilidade que permita obter a imaxe fiel do patrimonio e da situación financeira da entidade; e as Administracións Públicas incrementaron o control sobre estas obrigas.
O non levar a contabilidade específica existente para o sector pode derivar na perda de beneficios como acontece co reintegro de subvencións por falta de cumprimento da normativa.

A existencia dun plan específico contable adaptado ás entidades sen ánimo de lucro leva consigo a necesidade de empregar programas informáticos específicos que recollan o disposto nesta normativa, coa aplicación de principios e modelos propios de tales entidades.

Xestión Social ofrece un servizo contable adaptado ao plan específico das entidades sen ánimo de lucro, tendo en conta as necesidades de cada entidade, dende as máis pequenas ata aquelas fundacións e asociacións declaradas de utilidade pública que requiren dunha xestión máis complexa.

O servizo inclúe:

  • Confección da contabilidade:
    • Entrada de asentos contables e cerre contable.
    • Contabilidade analítica: listados por actividades e proxectos..
    • Liquidación do orzamento.
    • Entrega do Libro do Maior, do Diario e balances finais.

  • Revisión da contabilidade:
    • Revisión do Maior.
    • Revisión dos centros de costo.
    • Revisión do balance de situación e contas de resultados.
    • Asesoramento para o cerre contable.
    • Proposta de rectificacións o de melloras na entrada de asentos.

  • Elaboración de Contas Anuais: balance de situación, contas de resultados, estado dos cambios de patrimonio neto, confección da memoria económica.
  • Elaboración da Memoria de Facenda: rendas exentas e non exentas, ingresos, gastos e inversións por proxectos ou actividades, aplicación das rendas e retribucións aos patróns ou representantes.

Xestión fiscal:

A lexislación tributaria inclúe normas específicas que afectan ás asociacións e fundacións diferenciándoas do resto de entidades, de aí a dificultade que supón para estas entidades encontrarse ao corrente con esta normativa.

A normativa específica de cada imposto (IVE, IS) recolle apartados específicos que regulan as obrigas tributarias das entidades sen ánimo de lucro, e que contemplan notables diferenzas con respecto a outro tipo de organizacións (S.A., S.L.) polo que o seu coñecemento específico resulta imprescindible para un correcto cumprimento das esixencias fiscais.

A nosa experiencia de anos xestionando asociacións, clubs deportivos e fundacións indícanos que, en ocasións como acontece -entre outros aspectos- coas liquidacións do IVE e a delimitación entre as actividades exentas e suxeitas a tributación, existen marxes significativos para a interpretación das normas que esixen dun coñecemento práctico do funcionamento do sistema impositivo e que requiren de especialistas no ámbito das entidades sen ánimo de lucro.

Conta con nós para desenvolver, entre outros, os seguintes Servizos:

  • Asesoramento e planificación fiscal (Imposto de Sociedades, IVE, Retencións IRPF, Memoria Facenda, Declaración de Doazóns).
  • Trámites ante a AEAT.
  • Certificados.

Xestión laboral:

Un dos principais ámbitos de preocupación das asociacións e fundacións é a xestión do seu persoal, tanto profesional coma voluntario. Os servizos profesionais que presta Xestión Social garanten o cumprimento das obrigas normativas no ámbito do Dereito do Traballo e da Seguridade Social por parte da entidade, así como a xestión e administración dos recursos humanos, incluído o asesoramento do voluntariado.

Contratación laboral:

  • Altas, baixas y variacións dos traballadores.
  • Contratos de traballo.
  • Confección de nóminas, liquidacións e finiquitos.
  • Confección de boletíns de cotización (TC).
  • IRPF Trimestral e anual (confección dos modelos 110 y 190).
  • Certificados (IRPF, desemprego, etc.)

Voluntariado:

  • Contratación de voluntarios (dereitos e deberes).
  • Libro de voluntarios.
  • Seguro obrigatorio.

Captación de fondos:

A busca de recursos públicos ou privados é unha área fundamental de calquera entidade sen ánimo de lucro que lle permite materializar os seus fins sociais a través da realización efectiva de actividades.

En Xestión Social temos unha ampla experiencia asesorando a asociacións e fundacións na busca, obtención e xustificación de axudas públicas; unha tarefa cada vez máis complexa, á luz da redución de subvencións dispoñibles, que obriga a diversificar as fontes de financiamento e participar en convocatorias máis pequenas e menos coñecidas.

Igualmente, implicámonos cos nosos clientes no deseño de mecanismos para fortalecer o seu financiamento procedente de fontes privadas, mediante campañas de captación de socios, de patrocinio e mecenado e de proxectos de microfinanciamento de actividades. Pensamos na túa entidade e axudámoste a facela viable.

Os nosos servizos inclúen

  • Análise da normativa y lexislación aplicable en materia de subvencións.
  • Comunicación de convocatorias.
  • Asesoramento na tramitación e seguimento.
  • Xustificacións (listados de gastos, documentación).
  • Xestión de proxectos de captación de recursos privados.

Xestión xurídica:

A existencia de normativa específica aplicable ás entidades non lucrativas precisa de respostas concretas e prácticas ante os problemas e dúbidas xurídicas que xorden nas asociacións e fundacións, sendo esencial contar cun asesoramento e apoio legal profesional.

  • Normativa e lexislación aplicable en materia de asociacións.
  • Constitución de entidades.
  • Modificación de estatutos.
  • Asesoramento no funcionamento e documentación da asociación (actas, certificados, modificación de Estatutos, órganos, libros obrigatorios...).
  • Trámites ante os correspondentes rexistros.

Formación:

Xestión Social é avalado por unha dilatada experiencia en servizos formativos, solicitados tanto dende o ámbito público (por parte da Xunta de Galicia e de numerosos concellos) coma dende as propias entidades privadas, de aí que as nosas actividades formativas estean orientadas tanto á impartición de cursos colectivos (presenciais e online) como de accións deseñadas á medida para entidades privadas.
Os cursos realizados por Xestión Social versan sobre aquelas materias que atinxen á administración integral das entidades sen ánimo de lucro.

  • Fiscalidade das entidades sen ánimo de lucro
  • Captación de fondos. Xestión de subvencións
  • Réxime contable e orzamentario das entidades sen ánimo de lucro
  • Recursos humanos, voluntariado e responsabilidade civil
  • Réxime xurídico de Asociacións e Fundacións
  • Transparencia e xestión participativa
  • A xestión de entidades de carácter deportivo