Presentación

XESTIÓN SOCIAL é unha consultora para entidades sen ánimo de lucro que ofrece solucións de xestión intelixentes e alcanzables para asociacións e fundacións.

A filosofía de XESTIÓN SOCIAL é a ESPECIALIZACIÓN; xestionamos unicamente asociacións e fundacións, adaptándonos á súa particular natureza non lucrativa, o que nos permite un grao de eficiencia superior ao da xestoría clásica, orientada ás problemáticas de empresa.

As entidades non lucrativas enfróntanse cada día a maiores cargas administrativas e burocráticas (definición de proxectos, elaboración de contabilidades, xustificación de subvencións, xestión de impostos, nóminas, voluntarios...) polo que precisan unha administración eficiente que optimice o desenvolvemento das súas actividades e non sobrecargue as responsabilidades que asumen os directivos destas.

Por efecto da crise económica, as Administracións Públicas (Axencia Tributaria, Inspección de Traballo, organismos convocantes de subvencións) están a incrementar notablemente tanto o control sobre o cumprimento das obrigas que alcanzan ás asociacións coma o volume das sancións impostas en caso de infracción.

XESTIÓN SOCIAL traballa dende hai 10 anos para facer a vida máis doada aos responsables de asociacións e fundacións. Ofrecémosche un servizo integral de xestión mediante un equipo de profesionais que conta cunha ampla experiencia no sector das entidades non lucrativas. Os nosos asesores coñecen a diversidade das organizacións do terceiro sector galego e poñen a disposición dos seus clientes solucións que se adaptan aos problemas concretos de cada entidade.

A consultora proporciona un SERVIZO DE XESTIÓN PROFESIONAL, ESPECIALIZADO, PERSONALIZADO e ALCANZABLE para cada asociación e fundación.